xoves, 15 de decembro de 2011

BO NADAL


BIBLISPÍN prepárase para as vacacións. Traballou moito no colexio e  non parou de ler libros cheos de aventuras marabillosas.Agora prepara xa a carta aos Reis Magos. Ata xaneiro!! 


O CEIP"JAVIER SENSAT" Vos desexan Bo Nadal e un agarimoso 2.012 cheo de saúde e ilusión.
Non esquezades pedirlles moitos libros aos Reis Magos.


Estades  todos invitados a ver o incrible  e orixinal  BELÉN do Colexio


luns, 12 de decembro de 2011

FINA CASALDERREY VAINOS VISITAR

Dende a BIBLIOTECA queremos anunciar:


FINA CASALDERREY vainos visitar 
Unha obra súa, imos disfrutar
e ela de contado viranos asinar.

Alá pola primavera, cando comemoramos o Día das Letras Galegas, lembramos aos nosos autores que xa non están connosco,pero nós, dende a Biblioteca do Javier Sensat, queremos agora no inverno, celebrar que as letras galegas viven con nós todo o ano e disfrutar dunha figura moi grande e moi viva, como é a nosa valorada e premiada Fina Casalderrey.A súa obra é inmensa, e dende o noso cole ímonos achegar a ela a través dalgúns libros escollidos para os diferentes niveis e disfrutar desas obras que asinará mais adiante con todo o agarimo.
Agardando que sexa un feito inesquecible dispoñémonos xa...para a lectura!

mércores, 23 de novembro de 2011

PREPARADOS,LISTOS, XA!!

BIBLISPÍN  e os nenos e nenas de segundo curso de Primaria están list@s para amosarnos as actividades deportivas que temos preparadas...

QUERES AVENTURA,PRACTICA LECTURA!!

luns, 7 de novembro de 2011

24 DE OUTUBRO;"DÍA DAS BIBLIOTECAS"

O 24 de Outubro do 2011 celebramos o día das Bibliotecas no CEIP"Javier Sensat" coa FEIRA DO LIBRO ANTIGO: UN LIBRO UN AGASALLO
Cada neno/a elixiu o libro que mais lle gustou e a cambio escribiu o que suxeríalle un libro, a lectura ou a Biblioteca. Así fixemos un grandísimo panel coas opinións de todos os rapaces/as que podedes ver e ler no PATIO DAS CASIÑAS.


"Para viaxar lonxe non hai mellor nave  que un libro" Emily Dickinson



"Sempre imaxinei que o paraíso sería algún tipo de biblioteca"José L.Borges

"A Lectura é a viaxe dos que non poden tomar o tren" Francis  de Croisset

¿Queres aventura? ¡Practica lectura!

xoves, 13 de outubro de 2011

OLA A TODOS E TODAS!

Aquí estamos de novo, con moita ilusión e coa intención de irvos mostrando todo o que vaia sucedendo na nosa Biblioteca.
Horario de tarde: de 16:30 a 17:30 agás os martes.
ATA PRONTO!

xoves, 8 de setembro de 2011

BIBLIOTECA ESCOLAR”BIBLIPLANET” CURSO 2.011/2012

Xa estamos de volta  no cole.Comezamos un novo curso escolar cheo de sorpresas e novidades .Os profesores/as poñemos todo a punto para que as clases empecen o día 12,este ano co tema:
"O DEPORTE É SAÚDE” 


BENVIDOS/AS!Ver imagen a tamaño completo
          

venres, 17 de xuño de 2011

GRAZAS ANXO!

Disfrutamos moitísimo!!
Cando os nenos/as  viron cómo debuxaba Anxo comezaron de súpeto a aplaudir



Acompañounos durante dous días e despertou moito agarimo








Aprendimos a debuxar personaxes contentos, tristes, enfurecidos...

mércores, 1 de xuño de 2011

ANXO FARIÑA

Os días 9 e 10 de Xuño para rematar o trimestre adicado Ó  CÓMIC contaremos en noso cole CEIP"JAVIER SENSAT" coa presencia de ANXO FARIÑA


ANXO FARIÑA TEMPRANO, nado en Vigo en 1977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego.
Destaca a súa utilización da cor, e un estilo de debuxo áxil e sinxelo. Nas súas historias mestúrase o humor coa aventura, sen descoidar a incidencia en temas sociais.





As formasNa aventura dos muíñosO exército de ovellas

venres, 6 de maio de 2011

O CÓMIC




"Mortadelo e Filemón" e "Asterix e Obelix" 
O terceiro trimestre estará adicado ao Cómic.
Durante este ano escolar, foi polo momento o xénero literio máis lido,especialmente:

xoves, 5 de maio de 2011

Recursos didácticos para o Día das Letras Galegas


Na páxina da Coordinadora Galega de ENDL poñen á nosa disposición un monográfico especial dedicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.

Nel, atoparedes unha escolma de recursos didácticos como actividades en liña, propostas de traballo para as aulas ou unha fonoteca e unha videoteca. Hai recursos para as etapas de educación infantil e primaria, tamén clasificadas por ciclos.

TEATRO NA SEMANA DO LIBRO

O Venres 15 de abril E.Infantil de 5 anos presentou para todos vos  a obra de teatro:
"TODO É UN CONTO"
Había unha vez un doutor e unha doutora  que nunca tiveran sorte na súa profesión. Un día  decidiron poñer unha clínica para personaxes de contos, pois nunha oíran falar de que existise ningunha.



mércores, 27 de abril de 2011

TODOS SOMOS CONTACONTOS

Todos somos CONTACONTOS:  nenos/as pequenos, maiores e medianos. Profesores e profesoras , pais e nais.
 Unha experiencia para compartir e recordar! 
Uxía López (1ºPrimaria) e Uxía Segovia(2º Primaria) Unhas lectoras de primera cos alumnos/as de 5º
O Profe Ramón co  seu grandísimo repertorio e os alumnos /as de 5 anos
A profe FINA ,con moitísima graza desvelou "O SEGREDO DE FLORA" os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria


Fixeron unha actividade na que expresaron cómo sentiron o conto
Temos unha futura contacontos: LUCÍA de 3 anos deixou abraiados os de 6º de Primaria cos "TRES CERDITOS"



















LIA de 5º de Primaria vestida de "ENANO SALTARÍN" maravillou os nenos/as de 1ºPrimaria
FEDERICO O pai de Telmo   contou moitos contos, cantou cancións e fixo maxia cos nenos/as de 4 anos











O FINAL OS AGASALLOS

Semana Do Libro (11/15 de ABRIL)

PROGRAMA
TODOS SOMOS CONTACONTOS


 PADRIÑOS E MADRIÑAS

TEATRO

martes, 26 de abril de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

Autor a quen se lle adica o día das letras galegas é LOIS PEREIRO

martes, 19 de abril de 2011

El Quijote interactivo



NO TIENE DESPERDICIO  Y SI NO CONTROLAS EL CASTELLANO ANTIGUO SOLO TIENES QUE PINCHAR EN EL ICONO "T" Y TE LO TRADUCE. UNA PASADA... 
Es increíble cómo puede presentarse la Joya de la Literatura Española. Es para felicitar a la Biblioteca Nacional.  
 
http://quijote.bne.es/libro.html

xoves, 14 de abril de 2011

Gústame ler por...

Este trimestre preguntamos os nenos e nenas porqué lles gustaba ler.
  Estas son algunhas respostas

DIMA     3º PRIMARIA

PEDRO 1º PRIMARIA

JIMENA 1ºPRIMARIA

DANI 1ºPRIMARIA

XAVI 1º PRIMARIA