xoves, 31 de marzo de 2011

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

XA TEMOS AS NOVIDADES DESTE TRIMESTRE.

Na biblioteca están expostas as novidades deste trimestre.
Pàsate a velas.
Visita este enlace http://www.georginagarciamaurino.com/georginagm/opera.htm
Consulta  libros sobre opera

mércores, 30 de marzo de 2011

NADAL

O día 22 de Decembro celebramos no colexio CEIP "Javier Sensat" un gran Festival no que participaron con gran estilo e máis entusiasmo todos os alumnas e alumnos con unhas marabillosas postas en escea: cantigas, bailes, representacións... e coma sempre os estupendos presentadores: os alumnos/as de 6º.
Acudiron nais, pais, avoas,curmáns...familiares cheos de alegría que aplaudiron un montón.

Exposición MALETA VIAXEIRA CEFORE


Pedimos ó CEFORE a MALETA VIAXEIRA de POESÍA, fixemos unha bonita EXPOSICIÓN cos diferentes libros para todas as idades. Elaboramos diferentes actividades relacionadas e acudimos na HORA DE LER a nosa biblioteca .Despois escribimos o que pensábamos da actividade  e botamos as nosas suxerencias no buzón 







LIBROS DE POESÍA


O Punto de partida e o noso OBXECTIVO FUNDAMENTAL e concibir a biblioteca escolar como CENTRO DE RECURSOS DA INFORMACIÓN ao servizo dos procesos de ensino e aprendizaxe. A biblioteca escolar ofrece servizos de aprendizaxe, libros e outros recursos, a todos os membros da comunidade escolar para que exerciten o pensamento crítico e utilicen de xeito eficaz a información en calquera soporte e formato.
Para coñecer os fondos documentais existentes no centro tanto en soporte impreso,audiovisual, multimedia ou electrónico ,así  como a consecución dos obxectivos propostos faremos camiños polo mundo do libro, do material impreso, informático, etc . Sempre acompañados pola nosa mascota BIBLISPÍN, partiremos dos 3 grandes xéneros literarios: poesía, narrativa e cómic, dedicando un trimestre para cada un deles e establecendo accións que buscan unir afectivamente o neno/a coa BE

O  1º trimestre da Programación Xeral anual (10/11)da nosa B.E "BIBLIPLANET"adicase a coñecer a POESÍAAsí destacamos a ACTIVIDADE feita polos nenos/as xunto coas familias :Mi Poesía favorita.





MAGOSTO

 Celebramos o MAGOSTO o venres 12 de Novembro.Saboreamos as quentiñas castañas recollidas en recipientes artesáns decorados polos nenos e nenas previamente,fixemos as fogueiras, saltámolas e enfarruscámonos a gusto.



Mochilas Viaxeiras

 As mochilas viaxeiras comezan a súa andaina neste curso 2010/11 no mes de Novembro por tercer ano consecutivo.O tema eixo son os "CAMIÑOS..."contarémosvos que as mochilas camiñan ao lombo dos nenos e nenas e percorren as casas de todo o alumnado,compartindo coas correspondentes mascotas ,amigas de Biblispín ( que é moi grande e non pode viaxar nas mochilas)un tempo de lectura individual ou en familia, xogos, pelis....As libretas viaxeiras que van no seu interior darán boa conta das aventuras e desventuras que acontecen en cada fogar


venres, 18 de marzo de 2011

O Recuncho dos pais e nais


Neste pequeno recuncho funcionana o servizo de préstamo libre

xoves, 17 de marzo de 2011

Marcapáxinas gañadores


Educación Infantil







E.Primaria(1ºciclo)





E.Primaria(2º ciclo)




E.Primaria(3ºciclo)

ENTREGA DE PREMIOS

            ESTA ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO.

MOITAS GRAZAS A TODOS (Nenos/as ,pais e nais e profes) POR PARTICIPAR

         

CONCURSO/EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS.



O 24 de Outubro celébrase o día das Bibliotecas escolares. Para celebrar esta data imos facer un Concurso/Exposición de Marcapáxinas.Gustaríanos que participase toda a familia confeccionando un orixinal marcapáxinas.


A exposición será no Patio Das Casiñas  do 25 ao 29 de Outubro (Poderá ser visitada a entrada e a saída do colexio).

  



mércores, 16 de marzo de 2011

 BIBLIOTECA  ESCOLAR
"BIBLIPLANET"            
Horario: 16:30-17:30
 DE  LUNS A VENRES (AGÁS OS MARTES)

 


martes, 15 de marzo de 2011

OS RESULTADOS


RESULTADO DAS VOTACIÓNS PARA O NOME DA BIBLIOTECA:

BIBLIPLANET (32)
CUENTECA  (25)
PIRATA  (19)
KIKA  (17)                                            
ARCA  DAS PALABRAS (15)                 
A CEBRA DEBRA (13)                          
PICHI MOLÓN   (12)                             
COHETE ESPACIAL  (10)
LEO (8)   
LIBROLANDIA  (8)
BIBLIOBOB  (8)  
PLANETARIO  (8)                                 
OS LIBROS VIAXEIROS  (6) 
 A CASA DOS LIBROS  (5)
BIBLICIELO  (5)
 XOANIÑA  (4)                                                                          
DONA LIBROS  (3)
SUPERBIBLI  (3)
O SOÑO DOS LIBROS  (3)                                              
MUNDO DE SOÑOS  (3)
LÚA (2)
LE TI  (2)
UNIVERSO (2)                                        
MINNIE BIBLIOTECA  (2)                     
BIBLIMAGI  (2)                                     
BIBLIOTECA DE OURO  (2)                  
BIBLIOTECA DOS DESEXOS  (1)         
TOPO TIP (1)
LETRAS                                                                               
CONTACONTOS
BIBLIOTECA DAS  MOEDAS
ARCO DA VELLA

luns, 14 de marzo de 2011

BAUTIZAMOS A BIBLIOTECA


Despois de ter a Biblioteca posta a punto, tiñamos que buscarlle un nome.Durante o mes de outubro do actual curso 2010/11 todos pensamos nomes.


E LOGO... A VOTACIÓN !

O NOME GAÑADOR FOI:"BIBLIPLANET"


A NOSA MASCOTA

OLA SON BIBLISPÍN!
SE QUERES AVENTURA PRACTICA LECTURA!

xoves, 10 de marzo de 2011

BENVIDOS/AS





Benvidos/as ó blogue  "BIBLIOSENSAT" da nosa BIBLIOTECA ESCOLAR "BIBLIPLANET"



SETEMBRO 2010/11


Comeza o curso no CEIP "JAVIER SENSAT" e inaguramos a BIBLIOTECA .
 O punto de partida é concibir a Biblioteca Escolar como CENTRO DE RECURSOS DA INFORMACIÓN ao servizo dos procesos de ensino e aprendizaxe





ESTA É A NOSA BIBLIOTECA


ADIANTE!
PODEDES COLLER!
NOVIDADES!