venres, 24 de febreiro de 2012

OS BENEFICIOS DA LECTURA PARA OS NENOS

Os beneficios do libro para os nenos son incalculables e para toda a vida:
  • Estimulan a curiosidade polo que nos rodea e nos achega a mundos afastados. Os libros invitan a buscar, a comparar e a comprender
  • Desenvolven  a imaxinación e o coñecemento do mundo.
  • Educan os sentimentos, axúdannos a coñecernos e a identificarnos con outros. 
  • Enriquecen a linguaxe e aumentan a nosa capacidade de expresión. As palabras axúdannos a pensar e a relacionar unhas ideas con outras.
  •    Vincúlannos cunha comunidade cultural e póñennos en contacto con outras visións do mundo. 


    A PRINCESA O CABALEIRO E O DRAGÓN
   (3º PRIMARIA)

CONTOS VIAXEIROS DE 3º CICLO


LOS MISTERIOS DEL PANTANO
(5ºPrimaria)







ESTE ÁRBOL ESTÁ HABITADO (6ºPrimaria)

xoves, 16 de febreiro de 2012

CONTOS VIAXEIROS EN FAMILIA

Os pais e nais xogades un importante papel no desenvolvemento dos hábitos lectores dos vosos fillos. Ademais, se compartides o momento de lectura dun libro cos vosos fillos estaredes a establecer un lazo especial entre ambas as dúas partes. 
O interese pola lectura débese inculcar a un bebé dende o berce e tratarse, con persistencia e dedicación, que se converta nun hábito. É fundamental para os nenos que aprendan a buscar coñecementos mediante a lectura dende a máis temperá idade. Os nenos deben oír historias o antes posible. Recoméndase ademais que o fagan con disciplina, é dicir, tendo preconcibida unha hora ao día para facelo.
As mochilas dos mais pequenos/as do cole parten con moita ilusión:
 MARIETA ATRAPADA EN EL BOSQUE DE LAS CHUCHES(( 
(EI 3anos)

AVENTURAS DE LA PRINCESA QUE PERDIÓ EL TACÓN Y DE SU AMIGO EL RATÓN DIN-DON
(EI 4 anos)

luns, 13 de febreiro de 2012

O GREMMMIO DA SEDA

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE O CULTIVO E OBTENCIÓN DO FÍO DA SEDA

Explicáronnos o proceso da elaboración da seda que se obten dos vermes: como nacen, de que se alimentan e o delicados que son.A seda foi descuberta en China hai uns 5000 anos e  foron capaces de gardar o segredo durante case 2000 anos.INTERESANTE, NON?




mércores, 8 de febreiro de 2012

NOVOS CONTOS VIAXEIROS

Os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos e os nen@s de 4ºA de Primaria deixan voar a súa imaxinación :
LA GAVIOTA DESPISTADA(EI 5a)
O MONSTRO DO LAGO DE VIGO(4ºA)

xoves, 2 de febreiro de 2012

CONTOS VIAXEIROS

Un ano máis a Mochila viaxeira ponse en movemento para visitar as vosas casas, aínda que con novas ideas: Escribir O CONTO VIAXEIRO,un conto colectivo onde todos os nenos/as en colaboración coas súas familias participarán continuando a historia que iniciamos na aula.
Os incribles viaxes de Antón ,Antía e o seu gato Cebola(1º)
O máis importante e botarlle moita imaxinaión e ganas.QUE ESTA AVENTURA VOS SEXA MOI DIVERTIDA!!
Un zoo moi estraño(4ºB)