luns, 24 de setembro de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación


As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galegoAndrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008Miguelanxo Prado/2009Marina Seoane/2010Emma Ríos/2011)

martes, 11 de setembro de 2012

BIBLIOTECA ESCOLAR ”BIBLIPLANET” 2.012/13


BENVIDOS!!! OLA a todos e todas. Xa estamos de volta  no cole.Comezamos un novo curso escolar cheo de sorpresas e novidades .Os profesores/as poñemos todo a punto para que as clases empecen o día 12. Este ano o noso  tema é maravilloso e moi suxerente:
“LENDAS...HABELAS HAINAS!”