mércores, 18 de decembro de 2013

O vindeiro Venres 20 de Decembro celebraremos o noso FESTIVAL DE NADAL coas actuacións de todos os cursos do colexio dende E.Infantil ata sexto A e B de Educación Primaria.
Estades todos invitados a ver este incrible e orixinal Festival (Ver horarios)


O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP “JAVIER SENSAT” quere transmitirvos os nosos mellores desexos para o 2014 e que disfrutedes moito do Nadal.


BIBLISPÍNprepárase para as vacacións. Traballou moito no colexio e non parou de ler libros cheos de aventuras marabillosas.Agora prepara xa a carta aos Reis Magos. 
Non esquezades pedirlles moitos libros!!! 

venres, 13 de decembro de 2013


Despois da reforma
( Feita por un auténtico profesional :o noso conserxe LINO) este é , o novo aspecto da BIBLIOTECA.
Unha marabilla!!!

xoves, 12 de decembro de 2013

INFORME PISA

El pasado 3 de diciembre se presentó el Informe PISA en 65 países, incluido España. La prueba evalúa las competencias de los alumnos de 15 años en matemáticas, lectura y ciencias. El Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) ha preparado una página web:

 http://www.mecd.gob.es/inee/Ultimos_informes/PISA-2012.html 

en la que se puede encontrar:
  • Informe español del INEE sobre PISA así como estudios de grupos de investigación de universidades españolas.
  • Análisis gráficos en los que se resume las principales conclusiones de este estudio (EducaINEE).
  • Nota sobre los resultados de España elaborada por la OCDE.
  • Power Point empleado por la Secretaria de Estado en su presentación y el video de la rueda de prensa ofrecida por ella misma y por Pablo Zoido, analista principal de PISA de la OCDE.
  • Muchas de las preguntas empleadas en la prueba de PISA de matemáticas, lectura y ciencias. Como os hemos comentado en varias ocasiones, creemos que este material es realmente útil para que los profesores lo puedan utilizar en las aulas con sus alumnos. Son preguntas elaboradas por expertos de todo el mundo, corregidas y codificadas:               http://recursostic.educacion.es/inee/pisa/.
                   PUBLICADO EN RECURSOS TIC PARA BIBLIOTECAS:JORGE PEDROSA

domingo, 1 de decembro de 2013

OBRAS NA BIBLIOTECA


 

Informámoslles que a BIBLIOTECA ESCOLAR permanecerá PECHADA dende o LUNS día 2 de decembro ata o Xoves día 5 (ambos días incluídos) por obras que permitirán a súa mellora
                                                            
Desculpen as molestias

Moitas grazas 

xoves, 7 de novembro de 2013

Magosto 13/14 No CEIP "JAVIER SENSAT"

MARTES día 12 de Novembro

A palabra Magosto, ademais doutros significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viñonovo.
O magosto realizábase o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ousinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
Refráns
·         As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
·         Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
·         Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
·         Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
·         Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

O magosto na literatura de autor

·         Francisco Añón Paz: "O magosto"
·         Xesús Ferro Couselo (1967): O Magosto do Señor San Martiño
·         Florentino Cuevillas: "O outono en Galicia", en Prosas galegas, Galaxia, Vigo 1982:

mércores, 30 de outubro de 2013

SAMAIN

Hoxe no salón de actos para celebrar o samain os alumnos/as do cole fixeron lectura colectiva de diferentes obras relacionadas con esta celebración, fixeron
As voces dos diferentes personaxes

COMO LEN!! 
Lecturas temáticas;
Corre ,corre Cabaciña(Videoconto)
Samaín de Clara de Saá
Os barbanzóns:(A noite de Samaín)(Cómic) de Pepe Carreiro
Os Bolechas van á festa dos Calacús de Pepe Carreiro

xoves, 24 de outubro de 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

mércores, 2 de outubro de 2013

DIA DA BIBLIOTECA

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 de Outubro.   
  
 Este curso 2.013/14  o tema núcleo será “EN FESTAS!”.
Coñeceremos así as festas e tradicións mais representativas  da nosa terra dende a “Brincadeira” en Bouzas que é unha festa do Medievo ata “A festa Viquinga” de Catoira e moitísimas mais.
Para comezar este tema a PRIMEIRA FESTA será A da BIBLIOTECA .
Queremos facer, para celebrar este día, unha Exposición
co tema QUERO SER ESCRITOR/A,así deseñaremos a portada e o título do libro que gustaríanos escribir, quen sabe!!! Alguén pode animarse!!! Contamos coa colaboración de tod@s as familias,Sabemos que a vosa creatividade e imaxinación e impresionante,
xa o vimos noutas ocasións.  
            

luns, 30 de setembro de 2013



HORARIO DA BIBLIOTECA
De LUNS a VENRES
de 17:00 a 18:00 (Agás os martes)

luns, 23 de setembro de 2013



Proxecto“kamishibai” 
.
O noso Centro utiliza dende fai varios anos o “kamishibai”. E un teatriño xaponés, que favorece a expresión oral a través da narración de contos cunha técnica específica. 
A utilización deste material propicia, á vez, a escritura e a expresión plástica, entre outras habilidades, esixindo ademais un traballo colaborativo entre grupos pequenos de alumnos e alumnas. 
Co fin de impulsar a súa utilización este curso escolar  2013/2014 contamos coa vosa colaboración para facer pequenas funciónsComeza a función!!

xoves, 12 de setembro de 2013

EN FESTAS!

Xa estamos de volta!! Comezada xa a actividade escolar (2.013/14), a biblioteca bota a andar coas primeiras actividades. Este ano o noso tema é maravilloso e moi suxerente:
EN FESTAS! 

luns, 9 de setembro de 2013


OLA a todos e todas. Xa estamos de volta  no cole.Comezamos un novo curso escolar cheo de sorpresas e novidades .

Os profesores/as poñemos todo a punto para que as clases empecen o día 11.
BENVIDOS!

martes, 25 de xuño de 2013






QUERES AVENTURA? PRACTICA LECTURA!

MOI BO VERÁN!! 
ATA SETEMBRO!!

LENDAS EN FAMILIA

“LENDAS EN FAMILIA”
Xa está na Biblioteca o marabilloso libro de lendas que entre todos os nenos/as do cole e as súas familias fixéchedes  posible.

Moitas grazas

20 DE XUÑO DO 2013: PREMIOS BIBLIOTECA (3ª TRIMESTRE)


 NORABOA A TOD@S!!!  

Premios da BIBLIOTECA ESCOLAR do derradeiro trimestre 
O director xunto co Equipo da Biblioteca fixo entrega dos premios ao mellor lector deste 3ºtrimestre:

 O 1º premio ao mellor lector individual foi para  Marta Trigo Vidal  de EI 4 anos pola súa constancia,e interese pola lectura

1º premio á mellor aula lectora foi para a clase de 1º Primaria 

mércores, 22 de maio de 2013

TEATRO INTERCENTROS

O NOSO COLEXIO PARTICIPA NAS IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR
O CEIP "Javier Sensat", participa coa veteranía de xa moitos anos
de participación, con dúas maravillosas representacións.


"A LENDA DO RÍO DO ESQUECEMENTO".
2º de PRIMARIA

"O COELLIÑO BRANCO"
1º de PRIMARIA




Nesta ocasión, pecharemos as xornadas, o xoves 21 no Auditorio do Concello de Vigo.

martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

 

Hoxe 23 de ABRIL celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.É unha conmemoración a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura.
O día 23 foi elixido porque corresponde ao falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega .

No JAVIER SENSAT celebramos este día coa actividade" PADRIÑOS E MADRIÑAS".
Os alumnos/as maiores do Centro apadriñaron os pequenos lendo un conto elixindo libremente aquel lugar máis apetecible do exterior do cole.
Gozaron dunha agradable e agarimosa experiencia na que se  compartiron lecturas, agasallos, debuxos...
O resultado foi moi positivo tanto por parte dos padriños/as , afillados/as e por suposto para os mestres/as

domingo, 14 de abril de 2013

FESTA DA BRINCADEIRA.

No barrio vigués de BOUZAS trasládanse ao pasado para rememorar a época do MEDIEVO



Hoxe domingo 14 de abril celebramos a FESTA DA BRINCADEIRA.

venres, 5 de abril de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 - Santiago de Compostela, 2002), fue un escritor y actor de teatro español al que se le dedicará el Día das Letras Galegas del año 2013.
Nacido en Santiago de Compostela, se inició en el mundo teatral de la mano del grupo Antroido, en el cual representó como actor sus primeras obras. Con Antroido acudió a las Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), muestras en las que se dio a conocer como dramaturgo y escénografo (con el pseudónimo de Julia Brens). Vidal Bolaño fue uno de los mayores artífices de la profesionalización del teatro gallego. Debido al despido en 1977 del banco en el que trabajaba, este dramaturgo se vio en la obligación de convertir el Grupo Antroido en la primera compañía teatral gallega. También fue uno de los primeros directores que participaron del teatro institucional, poniendo en escena (en colaboración con el Centro Dramático Galego) en 1984 su obra Agasallo de sombras. Cultivó, además de la dramaturgia, las artes audiovisuales, haciendo guiones para la Televisión de Galicia y para Televisión Española. Trabajos como Malos Tratos, Novo de Parmiude o Morosos Varios son de su autoría. Llevó a la pantalla relatos de grandes escritores gallegos del siglo XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) y Eduardo Blanco Amor (O Noxo) e incluso participó como actor en varias series televisivas de prestigio, como Mareas vivas.
En el año 2001, representó con el Centro Dramático Gallego Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribió en 1958. Sus últimas actuaciones fueron en el grupo "Teatro do aquí", su compañía de los últimos años. Vidal Bolaño falleció en el año 2002, en su Compostela natal víctima de un cáncer de pulmón.

venres, 22 de marzo de 2013

PREMIOS MELLOR LECTOR


O venres día 15 conmemorando a Semana da Prensa. O noso director xunto co Equipo da Biblioteca fixo entrega dos premios ao mellor lector deste 2ºtrimestre:
O 1º premio ao mellor lector individual foi para Natalia e Paula Vázquez Veiga de EI 5 anos
1º premio á mellor aula lectora foi para a clase de 2º Primaria NORABOA A TOD@S!!! e ánimo para o seguinte trimestre

SEMANA DA PRENSA

Do 11 ao 15 de Marzo do 2013 celebramos a SEMANA DA PRENSA co número2 do noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR


   “XORNAL JAVIER SENSAT


xoves, 7 de marzo de 2013

luns, 4 de febreiro de 2013

ENTROIDO 2013

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Na páxina da CGENDL está disponible o monográfico Entroido 2013,que contén:
  • Recursos educativos: Unidades didácticas, propostas de actividades, receitas...
  • Unha estupenda colección de plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear...
  • Literatura relacionada con este tema... http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/

mércores, 30 de xaneiro de 2013

MARÍA MENÉNDEZ-PONTE NA BIBLIOTECA DO SENSAT

Cóntoche que María Menéndez-Ponte está a maior parte do tempo nos biosbardos. Si, si como o oes, desde cativa, en canto se descoidaba, o seu cerebro empezaba a idear historias,números de circo e unha chea de aventuras.Pero esa imaxinación serviulle para escribir libros marabillosos.




Hai pouco recibiu o premio Cervantes Chico, un dos máis importantes da literatura infantil 

mércores, 23 de xaneiro de 2013

COPLAS POLA PAZ

Día Escolar da Paz e a Non Violencia, en memoria de Mahatma Gandhi.Estes días dialogamos especialmente sobre o tema,
ambientamos o noso colexio,aprendemos cancións… 
Este ano para celebrar o día da PAZ os nenos/as do Javier Sensat cantarán en vivo e en directo unhas bonitas coplas que se traballarán nas aulas ao longo deste mes. Coplas pola PAZ que nos axudarán a reflexionar a maneira de ser mellores persoas e facer un mundo mellor para tod@s (Celebración:día 31 de XANEIRO).

luns, 21 de xaneiro de 2013

FINA CASALDERREY ACADÉMICA ELECTA DA RAG



      FINA CASALDERREY 


O curso pasado visitounos unha figura moi grande e moi viva, como é a nosa valorada e premiada Fina Casalderrey.A súa obra é inmensa, e dende o noso cole achegamonos a ela a través dalgúns libros escollidos para os diferentes niveis e disfrutamos moitísimo coa súa presenza.

Fina Casalderrey(Pontevedra 1951) será a primeira autora de literatura infantil e xuvenil(LIX) que terá cadeira na Real Academia Galega.

Hoxe celebramos o seu ingreso na REAL ACADEMIA GALEGA(RAG).
NORABOA FINA. Estamos orgullosos de coñecerte!!!

martes, 15 de xaneiro de 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013

A Consellería  de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un calendario para este ano 2013 con datas importantes, aniversarios,conmemoracións...relacionadas co mundo do libro e da lectura

                        

xoves, 10 de xaneiro de 2013

COMEZA 2.013

 


Comezamos con moitas ganas  un novo ano, 2013 cheo de novidades.
Seguimos a traballar o noso tema: "LENDAS...HABELAS, HAINAS!!!"con novas propostas moi interesantes.Vos esperamos