mércores, 29 de outubro de 2014

O Equipo da BE do CEIP “JAVIER SENSAT”
quere felicitar a tódalas familias e por suposto
os nenos/as que con moitísima  ilusión e imaxinación fixeron posible a creación do noso Concurso/Exposición:LER CON ARTE




venres, 17 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

LER CON
 ARTE
Estimadas familias:
De novo o Equipo da Biblioteca Escolar solicita a vosa colaboración para celebrar o  DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de Outubro).
Este curso 2.014/15  o tema núcleo é: VIVINDO A ARTE NA ESCOLA.
Queremos facer un CONCURSO DE CARTEIS que  anuncien a nosa Biblioteca Escolar e que contribúa ao fomento da lectura a través de mensaxes visuais que estimulen o hábito lector
Contamos coa colaboración de tod@s as familias. Podedes utilizar todo tipo de técnicas e materiais:pintura de témpera, collage...
Sabemos que a vosa creatividade e imaxinación e impresionante.

Data límite de entrega dos traballos :MARTES 21 de Outubro 

Entrega de Premios.Venres 24 de Outubro
Lugar:Salón de actos
MOITAS GRAZAS

luns, 6 de outubro de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativosque pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo David Pintor