martes, 11 de novembro de 2014

MAGOSTO NO CEIP JAVIER SENSAT




Celebramos o MAGOSTO o MARTES 11 de Novembro.Saboreamos as quentiñas castañas, recollidas en recipientes artesáns decorados polos nenos e nenas ,fixemos as fogueiras, saltámolas e enfarruscámonos a gusto.


A palabra Magosto, ademais doutros significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda Galicia,organizada en torno á recollida das,  castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viñonovo.

RECEITAS CON CASTAÑAS
CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE
Ingredientes:
500g deCastañas
Leite
Azucre
Mel
Preparación:
1º Móndanse as castañas.
2º Póñense a cocer en auga con sal e fiuncho.
3º Quítaselles a 2ª pel.
4º Bótannse nuha cunca e engádeselles leite .
5º Sirvense quentes e acompañadAS do mel do pais.

TARTA DE CASTAÑAS
Ingredientes:
400grs de fariña de trigo
6 ovos
300grs de azucre
2 culleradas de azucre
2 culleradas de levadura
raiadura de limón
Preparación:
Bater os ovos co azucre e a raiadura de limón. Engadi-la fariña coa
levadura. Despois agregar as moídas e mezclar todo ben. Untar un
molde con margarina, bota-la mezcla e meter no forno durante 30
minutos a 150º.

venres, 7 de novembro de 2014

CONTOS PARA EDUCAR


Cuentacuentos «Crisol y su estrella»



CONTACONTOS: Martes 4 de Novembro na Biblioteca do cole
“Crisol e a súa  estrela” de Begoña Ibarrola
[Nun lugar do universo chamado Terra Cristal vivía un pobo que falaba coas estrelas. Cando un neno ou unha nena de Terra Cristal cumpría sete anos, facíase unha grande festa e escollía unha estrela para comunicarse con ela. Crisol estaba nervioso, porque esa noite celebraba a súa festa de aniversario e despois elixiría a súa estrela…

UN CONTO SOBRE A CONFIANZA NUN MESMO]